26 de marzo de 2008

Cultivo Colectivo 2008



Esta mensaxe vai dirixida en primeiro lugar a todas as persoas que participaron no 1º Cultivo Colectivo de Galiza na pasada tempada agraria 2007, en segundo lugar a todas as persoas de A.V.E. Maria e a todas aquelas persoas que poideran estar interesadas no que vou expor a seguir.

O Cultivo Colectivo do ano pasado foi a primeira experiencia deste xénero a pesares dunha serie de dificuldades:

1. Demoramos en topar os terreos para plantar os esquexes.

2. Tivemos problemas para iniciar a plantación pois os esquexes atrasáronse case un mes por causas alleas a nós (tamén pode ser culpa nosa por fiarnos), logo houbo que adaptalos ao horario solar o que de novo pospuxo que foran á terra.

3. O verano foi ruín en termos de horas de sol directo o que afectou o crecemento das plantas (este problema tamén o refiren astures, cántabros e bascos).

Ainda considerando estes inconvintes alleios a nós e os propios de sermos novatos nestas lides, chegamos ao fin de maneira positiva com unha producción que roldou os 60 gramos de media por participante. O que ven dar un prezo por gramo de 1,7 euros. Os sectores máis pesimistas e os que no pesaron a herba estiman que nos saiu a 2 euros, o que non esta nada mal considerando os prezos do mercado. E, por certo, conseguimos maríhuana dunha calidade moi boa segundo o meu punto de vista e da xente que poido probala.

Tampouco podemos esquecer que unha parte da colleita do cultivo colectivo era adicada ao tema terapéutico, como sabedes nesta ocasión foi ofrecida a Juanma na sua totalidade.

E outra parte foi destinada a alimentar as asembleas semanais, moitos petas e más de 120 marialenas que consumimos.

Esquecía, malabares e a Asociación de Percusionistas de Galiza foron untados sen unto e con herba por participar nas actividades de San Canuto. Aproveito para facer un chamado para as actividades do 3 de maio ás 19h na Praza da Constitución, será a Marcha Mundial da Marihuana 2008 en Vigo.

Evidentemente, a colleita poderia ter sido mellor, eso é o que todos desexábamos e o que pretendo con esta mensaxe e ver se nos xuntamos de novo e este ano, solventando os problemas do pasado e afinando a metodoloxia , conseguimos uns resultados mellores.

Por esto e porque o tempo apremia, solicito que sexa incluído na orde do día da asemblea do próximo xoves 27 de marzo:

Propoño de continuar o Cultivo Colectivo Iº 2007 e dar inicio ao IIº Cultivo Colectivo 2008 se a asemblea o considera de interés.

Propoño como prioritarias as seguintes accións:

1. Darse de alta as persoas interesadas. Aqueles que queiran participar deberían como no ano pasado, pertencer a A.V.E. María e estar ao dia no pago das cotas.

2. A comisión que levou o ano pasado o CC solicita o relevo este ano, polo que será necesario encontrar de entre quen participe, persoas para compoñer a comisión deste ano.

3. Considerando que os terreos alugados no ano pasado non parecen disponíveis, será necesario definir a estratexia deste ano que pasaría por:

a) identificar novos terreos susceptíveis de ser alugados
b) lanzarse este ano a unha estratexia de CC de guerrilla.

Estas duas opcións teñen os seus pros e contras, podemos discutilos na reunión, eu persoalmente me inclino pola segunda opción, o CC de guerrilla.

4. Decidir as variedades de maría a cultivar e iniciar xa a procura dos esquexes, pois si o deixamos máis poderá ser tarde.

Ben, e nada máis que non se poda falar na reunión, eu vos animo a participar no CC deste ano que seguro que o pasaremos ben!

Saúde

Azul

No hay comentarios: