Oxe martes 5 de febreiro, ás 10h. en punto da mañán estaban amizades e compañeiros e compañeiras de Juan Manuel, así como diversos medios de comunicación fronte ás portas do Centro de Atención a Minusválidos Físicos de Ferrol (CAMF), queriamos mostrar a nosa solidariedade e protesta en favor do cannabis como medicamento e pola sua normalización. Impedíusenos de xeito pouco educado manifestarnos dentro do recinto polo que tivemos que facelo no exterior.
Máis tarde chegou o xuiz, tomoulle declaración ao afectado, facendo fincapé en saber quen lle axudaba a manter o pequeno cultivo de marihuana, declarando Juanma que cada persoa que o visitaba botaba unha man, unhas regaban, outras abonaban, etc.. tamén as típicas preguntas sobre si era consumidor e cultivaba para autoconsumo.
Á saida do recinto o xuiz recibiu chamados a deixar a Juanma en paz e en favor da normalización do cannabis.
Ante a petición das persoas participantes na protesta Juan Manuel, con gran esforzo, decidiu vestirse e sair a agradecer a solidariedade mostrada, recibido entre aplausos foi felicitado pola sua combatividade e ánimo. Foi entrevistado por Antena 3 (desplazada especialmente de Madrid) e a TVG.
Alá polo medio día decidiuse dar fin ao acto de denuncia e fumos tomar uns cafés e unhas cañas para celebralo. A vontade dos e das compañeiras de Ferrol levounos mesmo a planificar uns coloquios e ver de organizar por estes lares unha asociación pola normalización da marihuana.
Foi nun bar perto do CAMF onde chegaron as millores noticias, a avogada de oficio comunícalle a Juanma que está libre de pena, ou sexa para él non foi ilegal ter un pequeno cultivo para consumo propio.
Ao tempo dende o tema sanitario tamén chegaron boas novas, dispois de intensas xestións con profesionais de todo o estado español, Juanma e outras persoas na sua situación, teñen máis perto o acceso a medicamentos baseados no cannabis, en concreto en Galiza, e o noso compañeiro en particular, empezan en breve a ser contactados e tentar solucionar as suas demandas.
Pois máis ou menos foi o que aconteceu.
Saúde e grazas a quenes participaron activamente.
AVE María
(Más información)











0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada